Participa no noso foro en DelCelta.com
Fotolog Comando Celta

Actualización de datos para os socios de Comando



www.camponovoxa.com


< Riebog > Diseño, grabación y corte

Copyplan.es

Deportes Balbi




Todos a Melgaço

Domingo 1 de agosto - 18:00
IX Torneo Cidade de Melgaço
LEIXOES - CELTA

Todos os que queirades acudir a Melgaço en autobús estaremos dende o luns 26 ata o mércores 28, en horario de 19:30 a 20:30 horas no local de Comando (porta 11,5 - baixos de Marcador) para informar e realizar as reservas da viaxe.



XIII Torneo de Fútbol Peñas Celtistas




Nesta edición a peña Comando Celta participou no equipo SCCC que compartiu coas peñas Siareiros.net, Centolos Celestes e Canteira.



Fotos



Este é o calendario completo da competición:

  GRUPO A [Campo: A Madroa 1]  
09.30
10.15
11.00
11.45
12.30
13.15
Centro Celeste - Fernando Vázquez
Arbo - Pvdra PCaldelas
Centro Celeste - Arbo
Fernando Vázquez - Pvdra PCaldelas
Centro Celeste - Pvdra PCaldelas
Fernando Vázquez - Arbo
1-0
0-1
2-0
0-4
1-1
1-5

  GRUPO B [Campo: A Madroa 2]  
09.30
10.15
11.00
11.45
12.30
13.15
A Ría - SCCC
Río Ulla - Dani Abalo
Río Ulla - A Ría
Dani Abalo - SCCC
Río Ulla - SCCC
Dani Abalo - A Ría
1-0
0-1
1-1
2-1
4-0
0-0

  GRUPO C [Campo: Chapela]  
10.00
11.00
12.00
Salceda - Carcamáns
Salceda - O Grove
Carcamáns - O Grove
1-5
1-2
1-1

  SEMIFINAIS  
17.30
17.30
Pvdra PCaldelas - Dani Abalo [A Madroa 1]
Carcamáns - Centro Celeste [A Madroa 2]
6-0
1-2

  F I N A L [A Madroa 2]  
19.00 Pvdra PCaldelas - Centro Celeste
5-1



III Trofeo Comando Celta


A terceira edición do Trofeo Comando Celta foi para as vitrinas da Agrupación de Antigos Xogadores do RC Celta que venceu por 5-0 á Selección Celeste. Estes foron os participantes:

A.A.X. Celta: Emilio, Suso Santomé, Rodolfo, Jorge Santomé, Sindo, Quique, Mauro, Cantarero, Núñez, Lago, Bajcetic, Alves, Ratkovic e Alfonso.

Selección Celeste: Canteirán, Adolfo, Mido, Rivas, Seke, Pokipfi, Davizinho, Uxío, Epi, Angel, JME, Celtadpd, Gzelta, Luis e JES.

Árbitro: Adrián Souto, do colexio de Vigo.
Goles: 1-0, p.p.; 2-0, Bajcetic; 3-0, Alfonso; 4-0, Sindo; 5-0, Alfonso.



Crónica (by JES)

Unha primeira parte bastante igualada a pesar de terminar xa cun 2-0. O primeiro gol da Agrupación chegou grazas a un rexeite e o segundo dun bo cabezazo de Bajcetic. A selección celeste tivo as súas 3-4 ocasións na primeira parte pero nin Angel, JME ou Pokipfi lográrono a pesar de telo bastante cerca.

Se xa era difícil lograr romper a defensa da Agrupación e mover un pouco o xogo polo centro do campo (gran traballo de Mido e Uxío) logo estaba baixo paus todo un porteiro chamado Emilio que fixo un gran papel pero sen desmerecer o máis mínimo ao noso, Canteirán, que tivo 2-3 intervencións de mérito na primeira parte, destacando un man a man con Ratkovic que non puido marcar a pesar de verllas o cara a cara con el.

A segunda parte entre os cambios e o desgaste físico foi aínda máis complicado pola nosa banda polo que chegaron outros 3 goles. Aínda que se botou de menos a algún veterán máis, pola ilusión de poder velos xogar tan de cerca, dicir que foi toda unha honra poder compartir un partido de fútbol de xeito conxunto con xogadores do noso equipo que algunha vez viches xogar en Balaídos e gozar co seu xogo desde a bancada. Grazas a todos os que contribuístes a facelo posible.

Incidencias : non houbo amoestacións. Tras un choque de cabeza entre Luís e Bajcetic, este último abandonou provisionalmente o terreo de xogo cun forte golpe no ollo, esperamos que non sexa nada.

Fotos do partido



Benvidos ó concerto

Comando Celta comeza unha nova singladura neste longo camiño celeste. Despois dun tempo aletargados vendo como nas bancadas pouco a pouco se ían apagando a chama da ilusión, o fervor e a devoción, Comando Celta decidiu voltar con espíritu e sangue celeste renovada para que percorra cada centímetro dese frío cemento e o encha dunha explosión de celtismo.

Dende sempre o noso Celta necesitou, necesita e necesitará de comandos co corazón celeste e agora, máis que nunca, é o momento de reavivar ese espíritu celtista e reanudar o camiño. Por eso queremos que ti, sí, ti, sexas nestes momentos partícipe do rexurdir do celtismo á máxima expresión. O son dos bombos, o ondear das bandeiras, o ardor no grito ¡CELTA! e o sudor da nosa camiseta nas bancadas... eso será o noso tributo a unha causa: CELTISMO PURO.

Nesta nova andaina de Comando Celta un dos seus obxectivos era o lanzamento dunha páxina web que fose o escaparate onde amosar a todos os celtistas a nosa historia, actividades, proxectos e inquietudes. Velaí, xa estamos na rede coa sana intención de facer que cada día nos sintamos máis orgullosos de ter o sangue celeste.

Esperámosvos. Vinte anos nos contemplan, outros vinte nos esperan. Benvidos ó concerto.







Páxina creada o 1º de maio de 2007                Última actualización: 25.07.2010 22h00






-